Mi foto
Este es el blog del grupo ciclista Miñor Bike ( Os bravos). Desde hace mas e 20 años rodamos pistas y asfalto del Valle Miñor (Pontevedra). Utilizaremos este blog para informar de nuestras salidas, marchas y otros eventos y aprovecharemos para subir post con fotos y relatos de muestras andanzas.

sábado, 19 de marzo de 2016

Suspendida a marcha-homenaxe ás víctimas do tráxico accidente de A Guarda

Suspendida a marcha-homenaxe ás víctimas do tráxico accidente de A Guarda





Tema: 
A Federación Galega de Ciclismo vese na obriga de suspender a 'Marcha-Homenaxe a Ñito e aos seus compañeiros' convocada para este domingo, día 20 de marzo, ao non recibir os permisos requeridos. As administracións pertinentes rexeitaron as solicitudes presentadas ao tratarse dun día inhábil para este tipo de actividades polo inicio da campaña de vacacións e de desprazamentos da Semana Santa.
Unha vez esgotadas todas as vías ,os clubes das víctimas do tráxico accidente de A Guarda, os seus familiares, amigos e tamén a Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Triatlón xa traballan na búsqueda dunha nova data para a realización deste acto con saída na Ponte Romana da Ramallosa, en Nigrán, e que ten prevista a súa conclusión no punto kilométrico 44 da estrada PO-552.
A organización desta marcha apela á cordura de todo o colectivo ciclista para acatar esta decisión e dar exemplo. Do mesmo xeito, desexa agradecer profundamente o respaldo social amosado durante os últimos días a esta concentración na memoria de José Antonio Casas Pérez (Ñito) e de apoio ao resto de feridos neste estremecedor sinistro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario