Marcha homenaxe ás víctimas do accidente de A Guarda
O noso ciclismo vive días de loito despois do tráxico accidente de A Guarda. Un sentimento de dor e indignación polo acontecido que leva aos clubes das víctimas, aos seus amigos, familiares e a Federación Galega de Ciclismo a convocar unha Marcha Homenaxe o vindeiro domingo, día 20 de marzo.
A concentración partirá ás 10:00 horas dende a Ponte Romana da Ramallosa e dirixirase cara o punto do sinistro no que un conductor atropelou o sábado a 20 ciclistas. Alí, lerase un manifesto e durante todo o percorrido os participantes lucirán crespóns negros. Estanse a ultimar os trámites para obter os permisos pertinentes.
www.fgalegaciclismo.es/noticias/marcha-homenaxe-victimas-do-accidente-de-guarda
No hay comentarios:
Publicar un comentario